Allariz rexistrou 7.779 consultas en Turismo

CONCERTO DE VACAS DURANTE A FESTA DA EMPANADA 2022-1
photo_camera Concerto de De Vacas durante la celebración de la Festa da empanada.
María López, concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo, asegurou que os datos da Oficina Municipal de Turismo “evidencian como no mes de agosto os turistas seguen apostando por visitar Allariz” e por “gozar da nosa contorna, así coma das actividades”. 

O Concello de Allariz acaba de facer balance do que supuxo o pasado mes de agosto a nivel turístico para vila. Neste senso, a Oficina de Información do Paseo da Alameda rexistrou un total de 7.779 consultas. 

En canto ao dato anterior, unha porcentaxe elevada -o 93 por cento das consultas- procedeu de visitantes nacionais, mentres que o sete por cento restante correspondeu a turistas internacionais. Concretamente, do eido nacional achegáronse ata a vila alaricana persoas de Madrid, Cataluña, Andalucía, País Vasco e da propia Galicia, entre outras. Por outra banda, os turistas internacionais procederon do veciño Portugal, Francia e América do Sur, principalmente.

María López, concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo, asegurou que os datos da Oficina Municipal de Turismo “evidencian como no mes de agosto os turistas seguen apostando por visitar Allariz” e por “gozar da nosa contorna, así coma das actividades”. 

Dende o Consistorio alaricano quixeron matizar que os datos recollidos na Oficina de Información soamente reflicten unha porcentaxe das visitas que Allariz recibiu durante esta tempada.

Te puede interesar