COMERCIO LOCAL

O Concello solicita ser “zona de alta afluencia turística"

29.04.16.ALLARIZ.CONCELLO.PLENO.
photo_camera Unha reciente sesión plenaria celebrada pola Corporación Municipal de Allariz.

Esta declaración permitirá dispoñer de máis flexibilidade nos horarios comerciais e hosteleiros

O Pleno da Corporación Municipal de Allariz aprobou onte iniciar o expediente para que a Xunta declare ao Concello alaricano como "zona de grande afluencia turística". Ata agora Allariz conta coa declaración de "Concello Turístico", o que lle aporta posibilidade de acceder a subvencións e axudas e dispoñer dunha norma específica sobre horarios comerciais. Coa nova normativa de horarios comerciais fai falta, segundo sinalou o alcalde alaricano, Francisco García, outra calificación, como é a de "zona de grande afluencia turística" e considera a corporación municipal que Allariz cumple con todos os requisitos esixidos. 

Estes son, entre outros, a alta afluencia de turistas, grandes eventos e certames e convocatorias populares e festivas, xunto cunha infraestrutura económica e comercial moi importante. Co acordo de onte iniciase o expediente para conseguir esta declaración pola Xunta, que deberá contar, así mesmo,  co respaldo da cámara de comercio e as asociacions de comerciantes, de consumidores e dos sindicatos.

Poxa de parcelas

Outro punto destacado da orde do día aprobado polo pleno foi a convocatoria de licitación para vender, mediante poxa, dúas parcelas no Parque Empresarial de Chorente.  As parcelas teñen unha superficie total de 2.000 metros cadrados e saen a poxa, en sobre pechado, cun prezo de partida de 45 euros o metro cadrado máis IVE.

O parque de Chorente atópase neste momento en plena consolidacion, con empresas que sustentan un importante nivel de emprego, e agora estase a vender a terceira ampliación do mesmo, que abarca una superficie de 40.000 metros cadrados, que se están a sacar la venda paulatinamente en lotes.

Completaban a orde do día cinco mocións presentadas polos grupos municipais, unha do BNG e catro do PSOE. O grupo de goberno, do BNG, sacou adiante a súa, na que reclama un novo sistema de concerto económico que permita financiar os servicios públicos básicos en Galicia, un obxectivo no que desenvolvería un papel moi beneficioso, segundo os nacionalistas, dispoñer dunhaAxencia Tributaria  Galega.

Tamén foron aprobadas tres das mocions do PSOE. Nunha reclámase a busca de fórmulas para acabar co déficit de prazas na escola infantil. Asimesmo, aprobouse outra para reclamar  o restablecemento do servizo de cirurxía pediátrica no complexo hospitalario de Ourense .Así mesmo, tamén se demandou ás adminisgtracións que se adapte a rede de estradas ás necesidades do colectivo ciclista para evitar a alta sinistralidade que sofre.

A Corporaciòn rexeitou a proposta socialista para mellorar a sinalización dos establementos comerciais e hostaleiros no casco histórico. Argumentou o BNG o seu voto en contra sinalando que se corre o risco de saturar a vila de carteis.

Te puede interesar