ECONOMÍA

Allariz xestionará seis millóns de euros no exercicio de 2017

20.12.12.ALLARIZ.CONCELLO.PLENO.PRESUPUESTOS.FRANCISCO.GARCIA.ALCALDE.
photo_camera Francisco García, alcalde de Allariz, levará os orzamento de 2017 a un pleno o vindeiro día 10.

É unha cantidade similar á do ano 2016 e o Concello priorizará a dinamización económica e o emprego

O Concello de Allariz xestionará o ano que ven un orzamento de 6.050.791 euros, unha cantidade moi semellante á que tivo para o ano 2016, segundo sinalaba o alcalde, Francisco García, que procedeu onte á presentación pública das contas, que serán debatidas no pleno que celebrará a Corporación o día 10 de novembro. Segundo Francisco García, o goberno local centrará os seus esforzos o ano que ven na dinamización económica, que favoreza a creación de emprego, e "na oferta dun capital básico cun amplo abano de servizos públicos municipais de calidade, que fan de Allariz un concello de referencia en equipamentos e servizos, o que lle permite seguir medrando en poboación".

O goberno nacionalista alaricano mantén o obxectivo de que o Concello "siga actuando de locomotora da economía local", abordando programas que posibiliten un emprego a persoas desocupadas. Para conseguilo, márcase unha serie de retos, como unha campaña de incentivo de compras no concello que se desenvolverá baixo o lema "Merca en Allariz" e que estará dotada con 4.000 euros en premios. Así mesmo, dinamizará o Museo da Moda coa implicación de artesáns locais.  Tamén prevé unha ampla programación para celebrar os 700 anos de vida da Festa do Boi e instaurará o Premio Vila de Allariz, para recoñecer os traballos de desenvolvemento económico e social da vila. Noutro ámbito, asinará un novo convenio coa comunidade de montes de Penamá, para potenciar o programa de cría de bois de raza limiá, e no eido industrial, manterá as bonificacións para  as novas empresas que se instalen no parque de Chorente.

O goberno municipal pretende tamén darlle "un novo impulso aos eventos anuais celebrados na vila, como o Festival de Xardíns, e potenciarase o turismo cultural de Santa Mariña, con novas escavacions no castro de Armea e no castelo de San Salvador.

1,2 millóns de euros para inversións

O capítulo a inversións do orzamento para 2017 conta con 1,2 millones de euros, cos que o Concello abordará proxectos como o cambio de luminarias a equipos de led, para reducir a factura do consumo eléctrico. Así mesmo, poñerá en marcha o programa Camiños Escolares, que inclúe realizar cinco rutas para os  rapaces que acuden ao colexio Padre Feijóo. 

Tamén contempla a  construcción dun campo de herba artificial en O Seixo, se a Deputación o inclúe no seu programa de actuación e que a vila cofinanciará co 40% do orzamento. O  Concello amortizará préstamos a longo prazo, situando a carga financieira da débeba municipal "por debaixo do 75% dos ingresos ordinarios. 

No capítulo de ingresos, o rexidor, Francisco García, destaca o mantemento das ordenanzas fiscais nas tarifas e tipos fixados no ano 2016.

Te puede interesar