O Arte de man estreará nova ubicación en Allariz

ARTE DE MAN 2021 (12)
photo_camera Eva Sampedro, técnica, e María López, concelleira.
En total serán 20 artesáns os que amosarán o seu traballo durante toda a xornada do domingo, dende as 11,00 horas, ata as 20,00 horas. 

Unha nova edición do Arte de man regresará ás rúas de Allariz o vindeiro 12 de setembro, ocupando, como novidade, un novo emprazamento no casco histórico da vila. Será a rúa Santo Estevo e o cambio foi motivado pola situación derivada da pandemia.

En total serán 20 artesáns os que amosarán o seu traballo durante toda a xornada do domingo, dende as 11,00 horas, ata as 20,00 horas. 

Arte de Man ofertará, na súa edición de 2021, tanto exposición, como venda de obxectos realizados mediante distintas disciplinas artesás: cerámica, pintura, debuxo e gravado, escultura, xoiería e bixutería, téxtil, coiro e madeira, entre outros. Este ano, tamén como novidade, haberá unha demostración das Redeiras da Atalaia da Guarda, que ensinarán como a partir das redes de pesca se pode crear artesanía. Ademais, durante a xornada de mercado haberá música en directo.

Te puede interesar