POLÍTICA LOCAL

Baños de Molgas debatirá a moción de confianza o día 15

<p></p>
photo_camera Xaime Iglesias, o alcalde nacionalista do Concello de Baños de Molgas.

O grupo socialista descarta negociar un candidato alternativo co PP para relevar a Xaime Iglesias

O alcalde de Baños de Molgas, Xaime Iglesias, acordou convocar un pleno extraordinario para o vindeiro lunes, día 15 de maio, no que plantexará á corporación unha moción de confianza ligada á aprobación dos orzamentos para 2017.

O Concello de Baños de Molgas está gobernado polo BNG, que ten tres concelleiros. Xaime Iglesias accedeu á alcaldía en 2015 co apoio dos dous concelleiros do PSdeG, desbancando deste xeito ó 'popular' Eladio Mangana, que se quedou con catro concelleiros logo de doce anos na alcaldía. As relacións entre BNG e PSdeG foron difíciles desde o primeiro momento, no que o apoio a Xaime Iglesias na sesión de investidura decidíuse no último momento, e a mediados do ano pasado, 2016, incluso se chegaron a romper as débiles relacións que mantiñan socialistas e nacionalistas ata ese momento.

Xaime Iglesias levou a pleno o pasado venres o seu proxecto de orzamentos municipais para 2017. O PSOE plantexou varias enmendas, que o alcalde considerou inviables, polo que non as someteu a votación, o que levou aos dous concelleiros socialistas a abandonar o pleno. Os catro concelleiros do grupo popular tamén decidiron abandoar a sesión.

O PSOE considera que o alcalde tiña desde o primeiro momento a intención de forzar o voto en contra da oposición aos orzamentos e pasar dese xeito á moción de confianza, polo que socialistas e 'populares' decidiron pedir un informe á secretaria do Concello sobre a posible nulidade do procedemento seguido polo alcalde.

Logo da convocatoria do pleno para debatir a moción de confianza, PP e PSOE están á espera do informe da secretaria do Concello. De non prosperar a súa reclamación, teñen a opción de presentar un candidato alternativo a Xaime Iglesias. De non facelo, o rexedor continuará no cargo e o proxecto de orzamentos quedará aprobado.

Segundo González, portavoz do PSOE, descartaba onte un candidato pactado co PP para desbancar a Iglesias. "Se quixéramos presentarlle unha moción de censura, xa teriámolo feito hai moito tempo. Nós o que queremos é cambiar os orzamentos, cunhas enmendas xustificadas e asumibles". Asegura o portavoz socialista que "a moción de confianza a nós non nos compromete. Aínda que a gañe o alcalde, os orzamentos só se aprobarán inicialmente, terán que volver a pleno e daquela, volveremos presentar as enmendas, co que estaremos outra vez na situación do pasado venres, polo que o único que está a facer o alcalde é perder dous meses", afirma.

Pola súa banda, Xaime Iglesias, asegura que "se por manternos na alcaldía deixamos de facer inversións por falta de orzamentos, flaco favor lle estamos a facer ó Concello, de aí a moción de confianza. Se nos dan esa confianza, temos que ter as ferramentas de traballo e se non nos dan a confianza e PSOE y PP dan conseguido un candidato e faino ben, será un cambio democrático", afirma Xaime Iglesias.

La Región non poido contactar co portavoz do PPdeG, Eladio Mangana, para recabar a súa opinión sobre a situación no Concello.

Te puede interesar