A brigada de obras mellorará a rede viaria municipal

O Concello de Allariz impulsará durante este ano un programa de mantemento da rede viaria municipal, dando continuidade as tarefas realizadas nos últimos meses. 'O obxectivo é atender e mellorar o estado das estradas, afectadas por este duro inverno', subliñaba o rexidor local, Francisco García, que engadía que os traballos completaranse co desbroce e limpeza de cunetas e o asfaltado naqueles tramos que estean máis deteriorados.
A brigada municipal xa se encargou de tramos localizados na Cal, Santa Mariña, Seoane, Rodicio, A Torre ou Coedo. A segunda fase afectará a Turzás, Outeiro de Torneiros ata Guimarás e Airavella. 'O Concello está realizando un esforzo económico importante para que os 92 núcleos de poboación gocen do bo estado na súa rede viaria', concluía García.

Te puede interesar