O Castro da Acea, en Baños de Molgas, busca voluntarios para escavalo

Os traballos levaranse a cabo en dúas fases: unha primeira irá dende o 23 de agosto ao 3 de setembro e centrarase na fase de escavación e, a segunda -do 6 ao 22 de setembro-, comprenderá o periodo de traballo con materiais. 

A Universidade de Vigo e o Concello de Baños de Molgas buscan voluntarios para o seu proxecto de escavación e investigación no Castro da Acea, no propio concello de Baños de Molgas, que se desenvolverá este verán. Concretamente, ofértanse tres prazas de voluntariado que incluirán aloxamento e a comida do mediodía. 

Os traballos levaranse a cabo en dúas fases: unha primeira irá dende o 23 de agosto ao 3 de setembro e centrarase na fase de escavación e, a segunda -do 6 ao 22 de setembro-, comprenderá o periodo de traballo con materiais. Neste último caso, soamente poderán participar os alumnos e alumnas da Universidade de Vigo e as investigacións realizaranse no laboratorio. O alumnado deste centro universitario que participe poderá recoñecer o seu traballo como prácticas académicas. 

As inscricións poden realizarse mediante o enderezo [email protected] indicando como asunto “Inscrición Castro da Acea”. É necesario, no mesmo correo electrónico, precisar todos os datos persoais das persoas interesadas. O prazo límite para remitilos será o vindeiro día 10 de agosto.

Te puede interesar