ALLARIZ

O Centro do Rexo recrea a flora e fauna do Arnoia

photo_camera Lucía Parente en plena inspección de la charca de O Rexo.

Técnicos de Adega inspeccionaron a evolución da charca ambiental 

Diferentes especies de anfibios, aves ou invertebrados orixinarios das augas do río Arnoia, en Allariz, atoparon acubillo na nova poza ambiental creada no Ecoespazo do Rexo no marco do programa "Charcas con Vida" que dende 2013 leva a cabo Adega coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente.

A pequena masa de auga, creada a pasada primavera por un grupo de voluntarios, "está moi ben conservada e conta cunha moi boa saúde a pesar de ser tan xoven, tanto no nivel da flora e fauna atopada, como na calidade da auga que procede da choiva", explicaba Lucía Parente, membro de Adega responsable do proxecto, que esta semana visitou o municipio para inspeccionar o desenvolvemento da poza. "As charcas son pequenas pero importantes ecosistemas para a conservación da biodiversidade que, na actualidade, están en perigo porque moita xente non recoñece a súa importancia", subliñaba Parente, que apuntou que "moitos animais utilizan estes puntos de auga para beber, alimentarse, agocharse ou para desenvolver os seus ciclos vitais".

Cinco especies diferentes de libeliñas, tritóns ibérico, ras verdes, sapiños comadrón, réptiles e varias especies de aves conforman a nova fauna do Rexo, onde ata agora predominaban as ovellas de raza latxa da queixaría local. No entorno acuático tamén crecen xuncos, algas, aspadanas, fentos ou sabugueiros. "A charca permite achegar aos miles de rapaces que anualmente visitan o Centro de Educación Ambiental, a fauna e flora propia do Arnoia nun espazo controlado e sen os perigros que podería supoñer achegarse cos cativos ata ás marxes do río", subliñaba Bernardo Varela, responsable de O Rexo e concelleiro de Medio Ambiente.

Precisamente o seu carácter educativo era un dous puntos que subliñou Parente á hora de cualificar a poza alaricana. "Máis alá da importancia das charcas para a conservación da biodiversidade galega, a do Rexo conta ca característica de poder utilizarse como recursos didáctico". Neste eido, Lucía Parente adiantou que preven desenvolver actividades con grupos para revalorizar entre asociacións e colectivos la importancia de preservar estos pequenos ecosistemas.

Te puede interesar