MEDIO AMBIENTE

O Concello de Allariz poda e sanea boa parte das árbores da vila

Tal é o que ocurrió na carretera de Xunqueira, onde reventou unha tubería de abastecemento e que estaba a ser arranxada na tarde de onte

O Concello de Allariz está a cometer un amplo programa de poda e saneamento das árbores do núcleo urbano da vila. Esta tarefa correu a cargo da brigada de Medio Ambiente do Concello e centrouse en poder aqueles exemplares excesivamente grandes ou que se aproximaban en esceso ás fachadas dos edificios.

Así mesmo, procedeuse a tratar aquelas árbores que presentaban un aspecto débil e que podían constituir un perigo para os viandantes e veciños. A meirande parte podados foron plátanos e chopos e os traballos abarcaron rúas da vila como a carretera de Xunqueira, varios exemplares da zona da Barreira, o parque de Portovello ou Vilanova. Segundo sinala o alcalde, Francisco García, o Concello tamén pretende intervir na arboreda da zona do Piñeiro, polo que se vai dirixir nese sentido á Consellería de Política Territorial, da que depende a carretera que flanquean as árbores.

Reventóns polo xeo

Por outra banda, ao longo destes días os operarios municipais están a ter numerosas intervencións para subsanar reventóns de contadores e tuberías de abastecemento a causa do frío. Tal é o que ocurrió na carretera de Xunqueira, onde reventou unha tubería de abastecemento e que estaba a ser arranxada na tarde de onte.

Te puede interesar