PRESUPUESTOS

O Concello de Allariz reforza o orzamento dedicado a Cultura e Promoción

O obxectivo desta modificación de créditos era reforzar con un total de 30.000 euros algunhas áreas da actividade municipal con cargo a partidas que podían asumir esa reducción presupostaria.

A Corporación municipal de Allariz celebrou onte pola mañá unha sesión extraordinaria de carácter urxente, coa finalidade de aprobar un expediente de modificación de créditos por transferencias entre partidas. Este era o único punto da orde do día e foi aprobado cos votos do Grupo de Goberno (BNG), votando en contra o grupo do Partido Popular, que xa votara en contra, no seu día, os presupostos confeccionados polo goberno municipal para o exercició de 2017.

O obxectivo desta modificación de créditos era reforzar con un total de 30.000 euros algunhas áreas da actividade municipal con cargo a partidas que podían asumir esa reducción presupostaria.

Así, reforzouse o capítulo destinado á promoción de actividades culturais e deportivas, que contaba cun prespuesto para o ano 2017 de 15.000 euros, pasando a dispor a partir de agora cun total de 25.000 euros.

Tamén se reforza con 10.000 euros, pasando de 40.000 a 50.000 euros de presuposto, a área destinada á promoción do Concello.

A terceira área que se reforza é a de reposición de maquinaria, que pasa de contar con 30.000 euros a dispoñer de 40.000 euros.

Te puede interesar