día das letras

Contos, música e poesía encherán o Día das Letras en Allariz

Empresas e institucións renderán homenaxe a María Victoria Moreno
 

Os veciños e veciñas de Allariz honrarán este xoves a María Victoria Moreno con diferentes actos no Día das Letras Galegas. O Concello alaricano, coa colaboración de o espazo de arte Galería Circular, a librería Aira das Letras e a Fundación Vicente Risco, organizan unha serie de actividades en lembranza da escritora e profesora que naceu en Valencia de Alcántara (Cáceres), pero pontevedresa de adopción, que fixo súa a cultura e o idioma galego, enriquecéndoo cos seus traballos.

Iseo Agilda será a encargada de abrir a programación co contacontos "Contando a María Victoria Moreno" ás 12,00 horas na Galería Circular. Pola tarde, será quenda de Pedro Brandariz, co "O Cataventos" ás 18,00 horas na Praza Maior. Sen deixar a céntrica e pétrea praza alaricana, ás sete da tarde está previsto un acto poético e musical en lembranza da homenaxeada das Letras Galegas de 2018. 

A Fundación Vicente Risco acollerá a clausura da programación especial cun concerto de Zumaque Trío ás 20,30 horas nas instalacións da rúa San Lorenzo.

Te puede interesar