Cortegada inaugura a nova Praza de Santa Rita no Casal de Valongo

Veciños e autoridades de Cortegada participaron este pasado fin de semana no acto de inaguración da nova Praza Santa Rita, ubicada en O Casal de Valongo. A execución desta obra era unha actuación moi demandada polos veciños desta localidade, segundo indicou o alcalde, Avelino de Francisco, e levouse a cabo a través dun plan provincial sufragado en parte pola Deputación e en parte polo Concello de Cortegada, cun custo de máis de 42.000 euros.
O rexidor recorda que para levar a cabo estas obras foi preciso un longo proceso que pasou, primeiro, por tramitar un expediente de permuta con outro propietario, 'feito ao que se opuxo o Bloque Nacionalista Galego, recurrindo dita permuta no Xulgado Contencioso', sinalou.

Tras a resolución favorable por parte da Xustiza, o Concello procedeu a buscar financiamento para que a demanda dos veciños se fixese realidade. 'As obras, aparte de implicar un lugar perfectamente adecuado e acondicionado para o benestar social dos usuarios, tamén conlevan unha mellora da calidade de vida dos cidadás, xa que se melloraron os accesos á zona, permitindo que agora poda pasar unha ambulancia ou un coche de bombeiros, feito que antes era imposible', indicou o rexidor.

O BNG de Cortegada opuxérase a realización da permuta, mediante a que o Concello entregou a un particular o terreno onde estaban ubicadas as ruinas da antiga escola, recibiendo a cambio a propiedade onde se acaba de construir a nova praza pública. A concelleira do BNG, Ángeles Montero, declaraba que 'perdimos porque seguimos a vía administrativa en vez da penal, porque o que se fixo foi cambiar o patrimonio histórico por un cacho de cemento'.

Te puede interesar