Curso para crear unha horta ecolóxica en Allariz y Rairiz

A Asociación Avinza GDR 15 organiza un curso de iniciacion á agricultura ecolóxica neste mes de maio. Cunha duración de 30 horas, repartidas en sesións prácticas e teóricas que se impartirán en Allariz e Rairiz de Veiga respectivamente, o curso comezará o 27 de maio.
Os participantes aprenderán a transformar un eido para o seu cultivo ecolóxico, coñecerán as vantaxes dos alimentos ecolóxicos ou a certificación e normativa sobre a agricultura ecolóxica. As funcións da agricultura, os seus tipos, como conseguir un chan vivo, as variedades e a selección de sementes ou a protección vexetal na agricultura ecolóxica, completan o programa teórico.

A parte práctica inclúe visitas a explotacións agrarias, apícolas, gandeiras e de transformación ecolóxicas. Ó tempo, os alumnos participarán dunha xornada práctica na explotación agraria de Daiquí, onde elaborarán compost, cultivarán produtos hortícolas ou a prepararán tratamentos de loita contra as plagas.

Te puede interesar