Doce efectivos integrarán o recén creado GES de Maceda

270821 GES Maceda 1
photo_camera Natalia Prieto xunto a Gabriel Alén, Rubén Quintas e efectivos de emerxencias.
É un dos seis novos Grupos de Emerxencias Supramunicipais postos en marcha este ano en Galicia

Os doce integrantes do novo Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Maceda xa remataron a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública, polo que o operativo xa está en disposición de atender as incidencias que acontezan en Maceda, Xunqueira de Espadanedo, Baños de Molgas, Esgos, Paderne de Allariz, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambía. 

O GES de Maceda, que terá a súa sede na mesma localidade, completou o procedemento despois de adherirse ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e as deputacións provinciais e de levar a cabo a selección dos axentes, que permitirán mellorar os tempos de resposta aos incidentes que acontezan nos mencionados municipios. O de Maceda é un dos seis GES aprobados neste 2021 en Galicia, onde existen 29 en total. Neste senso, a provincia ourensá contará con outro novo GES con sede en A Veiga, que inclurá tamén aos municipios de O Bolo, Viana do Bolo e Vilariño de Conso. 

Por último, a Xunta colaborou co Concello, por medio dunha axuda de 32.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental, para mellorar a eficiencia enerxética nas instalacións do  grupo.

Te puede interesar