ENTREVISTA

Estela Iglesias: "Foi unha experiencia que non che cambia a vida, pero axúdache a abrir a mente"

Allariz. 11-09-14. Provincia. Estela Iglesias.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Estela Iglesias.

A traballadora municipal e cooperante en Nicaragua destaca que a su labor era "avaliar a última fase do proxecto de Turismo Comunitario en Somoto

A avaliación do proxecto de desenvolvemento turístico en Somoto (INPRHU-Somoto) do Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade levou á técnica de Allariz Estela Iglesias a Nicaraguan no marco do programa "Vacacións con traballo".

Qué tal a volta a casa?

Estou aterrando, poñéndome ao día e voltando á miña realidade.  Na casa e no traballo recibíronme cunha gran sonrisa e os brazos abertos, desexosos de historias e fotografías.

Cómo foi a túa experiencia?

Inolvidable. Estiven feliz. Foi unha experiencia que, quizais non che cambia a vida, porque só é un mes, pero axúdache a abrir a mente e ver todo dun xeito distinto. Dache a oportunidade de coñecer outro mundo, outra realidade, outra xente e outras costumes e sobre todo, de aprender.

Cál foi o teu labor alí?

Avaliar a última fase do proxecto de Turismo Comunitario en Somoto e Totogalpa do Fondo Galego de Cooperación. Aloxábame coa familia de Merati, técnica financeira do INPRHU, e cada día levantabame moi cedo para ir a percorrer as comunidades nas que viven os beneficiarios dalgún dos proxectos apoiados polo INPRHU. Escolas, vivendas construídas recentemente, hortas escolares, capacitacións, artesáns... Cada día unha historia personal diferente.

Poideches exportar algo da xestión turística alaricana?

Tiven a oportunidade de compartir con técnicos do INPRHU a experiencia que ten o Concello de Allariz tanto en Turismo como en Comunicación. No referente a turismo poderíamos observar algunha similitude, sendo conscientes de que son realidades ben diferentes. Somoto e Totogalpa están aínda na fase de recoñecemento e potenciación dos recursos que son susceptibles de ser explotados turísticamente: elementos culturais, de identidade indíxena, naturais, patrimoniais...

Botaches algo de menos?

A comida estaba ben. Arroz, frijoles e polo é a dieta básica, índa que teño que recoñecer que cara ó final xa botaba de menos os pratos galegos.

Tiveches tempo para o turismo?

Non tiven moito tempo de ocio. Ía só un mes e había que aproveitalo. Pero o tempo libre que tiven paseino con cooperantes que coñecín alí, en longas conversacións tomando café ou compartindo cea, e coa miña familia de acollida, que me recuibiu como se me coñecese de sempre. Aínda así, case todos os días, ademais de traballar, coñécía un lugar diferente e tiven a oportunidade de facer turismo ao uso visitando Managua e Granada. Faltáronme moitos lugares fermosos por percorrer. Tal vez o próximo ano.

Con qué te quedas de toda esta experiencia?

Da experiencia quédome con cada segundo que pasei alí, con cada persoa que coñecín, con cada actividade na que participei e con cada lección de vida que aprendín. Encantaríame repetir e plantéxome a idea de poder facer algo así cada ano. Pero a idea hai que madurala. Eso si, Nicaragua sería o primeiro destino.

Te puede interesar