A Feira do libro compreta a oferta desta Semana Santa en Allariz

A praza do Matadoiro acollerá, do 21 ao 23 de abril, a celebración da 'Semana do libro galego'. A iniciativa, que compreta a programación de actividades da Semana Santa ao Vivo organizada polo Concello de Allariz, inclúe a celebración dunha feira que acollerá presentacións, firma de libros e actividades de conta contos para nenos e adultos.
A concelleira de Turismo, Cristina Cid presentou onte en Ourense unha nova edición da 'Semana Santa ao Vivo' que se desenvolverá do 21 ao 24 de abril nas rúas alaricanas. Catro grupos musicais de diferentes estilos (clásica, contemporánea, pop, rock, folk ou tango) actuarán de 12,00 a 14,00 e de 18,00 a 20,00 horas na praza Maior, Mesón, Abastos e as rúas da Cruz e Fonteiriñas. O obxectivo é facer co casco histórico un espazo musical aproveitando a afluenza de turistas na Semana Santa. 'Según os datos que manexamos doutros anos, o número de persoas que acuden aos museos ou á oficina de turismo supera as 10.000 persoas', apuntaba Cid, quen entende que o turismo de Semana Santa 'representa un activo económico importante para a vila'.

Te puede interesar