festa do boi

A Festa do Boi de Allariz entra este domingo no último día

festa do boi
photo_camera As festas, que o sábado tiveron gran ambiente, pechan hoxe. (JOSÉ PAZ)

O maratón do boi será unha das últimas actividades, que rematarán coa despedida do Xan de Arzúa e traslado ata a Casa do Boi 

A Festa do Boi en Allariz está a punto de pechar e pensar xa no vindeiro ano. Este sábado houbo moitas actividades, entre elas varias carreiras ó longo do día, que empezou pola infantil. Logo dun día con diferentes actividades lúdicas e festivas o día rematou despois da medianoite coa verbena na Barreira a cargo do grupo Dilema. A esa mesma hora tamén houbo Pasacalle, polo casco histórico, coa charanga Achicoria.

Este domingo terá lugar a última das xornadas festivas, con arreglo a un programa que prevé ás 13:00 horas pasarrúas coa charanga Sugarri e os Zés Pereiras. Media hora despois o programa prevé a carreira do boi. Xa pola tarde, a partir das 18:00 horas haberá de novo música coa charanga Sugarri, os Zés Pereiras e O Equipo B. O maratón do boi será unha das últimas actividades, que rematarán ás 20:30 horas coa despedida do Xan de Arzúa e traslado ata a Casa do Boi na compaña da charanga O Equipo B. 

Te puede interesar