O Festival de Xardíns xa conta con 10 creacións

REUNIÓN XURADO FIXA 2022 (6) (1)
photo_camera O xurado reuniuse este mércores para a selección.
Os paisaxistas seleccionados compartirán espazo coa creación “O camiño cara a emigración de Rosalía”, proposta vencedora na edición do 2021. 

O xurado oficial do Festival Internacional de Xardíns de Allariz xa seleccionou as dez propostas que centrarán a entrega do vindeiro 2022, ano no que se adicará o evento aos xardíns terapéuticos. Foron elexidas de entre un total de 36 chegadas dende diferentes lugares da xeografía mundial como Ourense, Madrid, País Vasco, Colombia, Italia, Estados Unidos, Brasil Escocia ou Montenegro. 

Así, as creacións escollidas foron: “Bed of flowers” (Austria e Noruega), “Gardenarium: The health rooms” (Italia), “Garden is but another name for health” (Italia e Montenegro), “Jardín Amaoto” (Madrid), “Legado” (A Coruña), “Heiwa” (Bogotá, Colombia), “Pharmacopolium” (Madrid), “Eu non creo nas meigas, mais habelas hainas” (USA), “Camiño do recordo” (Madrid) e “A árbore de vida” (Boborás e Vilamarín de Valdeorras). 

Os paisaxistas seleccionados compartirán espazo coa creación “O camiño cara a emigración de Rosalía”, proposta vencedora na edición do 2021. 

A nova entrega do Festival Internacional de Xardíns procurará poñer en valor os xardíns terapéuticos como espazos que propician o benestar, o relax, o desfrute dos sentidos. Espazos para o corpo e para a alma.

Te puede interesar