A gandeiría en extensivo centrará unha formación

Entre outros aspectos formativos, o curso abordará a agrotecnoloxía, a produción de forraxes e alimentación do gando, e o manexo do mesmo, así como a produción de carne. 

O Grupo de Desenvolvemento Rural Limia Arnoia promoverá unha formación sobre gandeiría en extensivo que ocupará un total de 100 horas -repartidas en módulos “online” e módulos presenciais-. O obxectivo deste curso, que desenvolverá a súa parte presencial en Xunqueira de Ambía, será acadar a máxima incorporación á actividade agraria no interior da provincia. 

Entre outros aspectos formativos, o curso abordará a agrotecnoloxía, a produción de forraxes e alimentación do gando, e o manexo do mesmo, así como a produción de carne. 

Tal e como precisaron dende o GDR Limia Arnoia poden inscribirse tamén aquelas persoas que non opten ao certificado especial. 

As datas nas que se celebrará a formación serán, para o primeiro dos módulos, do 23 de maio ao 13 de xuño -no que atinxe á parte “online”- e do 20 ao 28 de xuño -no que ten que ver coa parte presencial. 

No tocante aos dous módulos restantes, a parte “online” celebrarase do 11 de xullo ao 5 de setembro, e do 12 de setembro ao 7 de outubro no caso da formación de carácter presencial. 

Para obter máis información pódese contactar co teléfono 988 688 779 ou co enderezo electrónico [email protected].

Te puede interesar