ALLARIZ

García: “A Festa do Boi mima a estes animais"

31.05.15.ALLARIZ.BATUCADA.E.CARREIRA.DO.BOI.
photo_camera Una de las imágenes del Boi en Allariz.

O concello de Allariz rexeita o informe dun colectivo de veterinarios 

O alcalde de Allariz, Francisco García, rexeitou de novo a posibilidade de suspender a Festa do Boi, como volveu a solicitar a plataforma "Galicia, mellor sen touradas". Este colectivo difundiu onte un comunicado no que reitera a petición que fixo semanas atrás e nesta ocasión basea a súa solicitude nun informe elaborado por Avatma, un colectivo formado por 400 profesionais veterinarios de toda España que loita contra o maltrato animal.

Avatma señala que na Festa do Boi existe "un sufrimento emocional, que comeza durante o propio transporte do bóvido e segue durante a molesta manipulación do animal para colocarlle a soga". Engade o colectivo veterinario que "o feito de non agredir físicamente ao animal non evita os altos niveis de estrés, medo e frustración que desenvolven os bois durante os 30 minutos aproximados que dura cada carreira".

Segundo Avatma, facelos correr polas rúas dun pobo "atenta contra algunhas das cinco libertades que garanten o benestar animal, como son as de expresar a súas pautas naturais de comportamento e as de estar libres de incomodidade e libres de medo e angustia".

Pola contra, o alcalde de Allariz, Francisco García, reitera que a Festa do Boi "non ten nada que ver con touradas, nin con touros embolados nin con ningunha festa destas características". A Festa do Boi, dí Francisco García, "non ten dado pé a polémica algunha neste sentido e se algo a caracteriza é o respeto, o mimo e o coidade con que se cría e se trata en todo momento a estos animais", que neste momento forman parte dun proxecto de cría e comercialización de carne de boi. Tras recordar que é unha festa histórica, que o ano que ven cumplirá o 700 aniversario, o alcalde alaricano conclúe sinalando que "ó Boi en Allariz se lle respecta absolutamente. Non hai outro trato que andar ou correr pola vila, non hai agresión nin maltrato e non ten sentido esta polémica".

Te puede interesar