festa do boi

Hoxe será o día dos nenos na Festa do Boi de Allariz

10.06.17.ALLARIZ.PROVA DO BOI.
photo_camera O boi nunha das carreiras polas rúas de Allariz.

A Festa do Boi de Allariz chega hoxe ao seu ecuador dedicando o día aos nenos da vila

A Festa do Boi de Allariz chega hoxe ao seu ecuador dedicando o día aos nenos da vila. Así, a partir das 17,30 horas os cativos poden disfrutar do espectáculo de monicreques "a historia de Xan de Arzúa", unha montaxe dos centros de ensino da vila que terá lugar na Praza de Abaixo. Ás 18,00 horas comezará a procesión medieval infantil "O Xanciño de Arzúa" que, na compaña da batucada infantil Tarambaina, discurrirá entre a Praza de Abaixo e a Alameda. Aquí terá lugar unha merenda infantil a ás 19,30 horas terá lugar unha carreira infantil do Boi e pasarrúas. 

Esta dará paso ás 21,00 horas á Carreira do Boi, pero xa para os maiores.

Deste xeito a Festa pasará o seu ecuador. Logo dun fin de semana con presencia multitudinaria e algún pequeno incidente na xornada do domingo, as carreiras que se están a celebrar a  diario, ás 08,00 e ás 21,00 horas, están a transcurrir con absoluta tranquilidade. Así ocurríu o luns e o martes, e hoxe o Boi volverá a correr polas rúas alaricanas a primeira hora da mañá e ás nove da tarde

Te puede interesar