Inaugúrase a exposición “Camiño”, de Yotsumoto, en Allariz

“Camiño”, de Yotsumoto
photo_camera “Camiño”, de Yotsumoto
A exposición “O Camiño” de Allariz ten unha importancia fundamental na espiritualidade do artista xaponés Yotsumoto

A Fundación Vicente Risco inaugura esta tarde, as 20,00 horas, a exposición “Camiño”, de Yasuhiro Yotsumoto. Dende hoxe e ata o 26 de novembro diste ano estará aberta ao público.

Yasuhiro Yotsumoto

Yasuhiro Yotsumoto naceu en Neyagawa (Osaka, Xapón). É un dos referentes na poesía xaponesa. O seu primeiro poemario (Warau bagu ‘O bug que ri’) foi publicado en 1991. En 2012 publicou en Xapón o ensaio sobre a obra do famoso poeta Shuntarō Tanikawa.

Dende 1994 reside na cidade de Munich, en Alemaña, pero iso non lle impediu seguir sendo un destacado protagonista da poesía xaponesa, como o demostra o feito de ser o editor xaponés do sitio Poetry International Rotterdam, ou ter traducido ó xaponés autores como E. Dickinson, Dante, Rilke ou Li Po.

Na fotografia de Yasuhiro encontrase a súa visón poética do mundo. Curiosamente, o seu blog de fotografía títulase Eye Poet (ollo do poeta).

‘O Camiño’ ten unha importancia fundamental na espiritualidade de Yasuhiro. Non só no seu aspecto relixioso, caso dos tres que se poden contemplar na presente exposición (Santo André de Teixido, Kumano e Fisterra), senón o camiño como parte da procura íntima do eu integrado na natureza.

Te puede interesar