A lenda de Santa Mariña de Augas Santas cautivou a oito ourensáns

ALLARIZ (ARMEA). 16/05/2021. OURENSE. Visita guiada teatralizada ó conxunto arqueolóxico de Armea "As pegadas de Mariña", proxecto beneficiario do programa "O Teu Xacobeo" da Xunta de Galicia, no marco do Camiño de Santiago, promovido por Xeitura e en colaboración co concello de Allariz. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Xeitura e e Xunta de Galicia iniciaron a primeira das seis rutas programadas por este enclave patrimonial. (Foto: Óscar Pinal).
Xeitura e e Xunta de Galicia iniciaron a primeira das seis rutas programadas por este enclave patrimonial

Éxito absoluto na primeira convocatoria de "As pegadas de Mariña", a iniciativa promovida polo Xacobeo en colaboración con Xeitura e o Concello de Allariz para dar a coñecer a riqueza patrimonial que perdura no entorno de Santa Mariña de Augas Santas e no xacemento de Armea. 

Manuel Gallego, responsable dos proxectos de Turismo en Xeitura explicou que, o feito de ter aforo reducido -oito persoas procedentes de Allariz e, na súa maior parte, da cidade de Ourense-, permitiu chegar a todos os puntos previstos en hora: "Non coñecían a historia e quedaron impactados", asegurou Gallego. 

Os puntos visitados ao longo de 100 minutos de actividade foron o Asento de Mariña, o Forno da Santa, as Pioucas e o Carballo da Santa e a parte excavada do Castro de Armea. "O que máis chamou a atención foi o forno, que é unha cripta subterránea e é algo impactante. A lenda conta que nese lugar intentaron queimar a Mariña", explicou o traballador de Xeitura. 

Dous personaxes : Visitación Rodríguez, unha lugareña; e un peregrino perdido animaron a actividade: "O peregrino foi aparecendo nalgúns lugares. Resultou moi gracioso", contou Gallego.

Te puede interesar