Licitadas para Paderne de Allariz as obras de abastecemento

011021 Audiencia alcalde de Paderne de Allariz 1 (1)
photo_camera José Manuel Fernández, Gabriel Alén e Alicia López Míguez.

Darán servizo a unha poboación de 62 habitantes, en San Cristovo. 

As obras para dotar de servizo de abastecemento ao núcleo de San Cristovo, en Paderne de Allariz, comezarán próximamente logo de ser licitadas dentro da Plataforma de Contratos Públicos de Galicia por un importe de 245.000 euros -a Xunta aportará o 80 por cento desta cantidade e o Concello de Paderne o 20 por cento restante-. Neste senso, as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 2 de novembro. 

A Administración Autonómica será a responsable de contratar, dirixir e executar as obras, que terán un prazo de execución de cinco meses; mentres que no Consistorio encargaránse da realización das xestións pertinentes para posibilitar a súa execución, así como a recepción, mantemento e conservación das actuacións que se leven a cabo.

Te puede interesar