INFRAESTRUCTURAS

Maceda cambia a imaxe do pavillón polideportivo

<p></p>
photo_camera Aspecto exterior que presenta o pavillón polideportivo de Maceda.

Un investimento de 32.000 euros permitiu afrontar a mellora das instalacións

O Concello de Maceda está a impulsar un amplo programa para acondicionar e mellorar as instalacións do pavillón polideportivo da vila. Esta intervención estase a acometer, segundo sinada o alcalde da Vila, Rubén Quintas, gracias a unha axuda de 32.000 euros que lle foi concedida pola Xunta de Galicia.

A intervención máis notoria é o repintado ao que se someteron as instalacións, que presentaban unha imaxe moi pobre polos moitos anos que acumulaban sen ninguha intervención. Así, a construcción ofrece agora un aspecto moi diferente logo da man de pintura á que foi sometida.

Asimesmo, procedéronse a acometer diferentes obras de reparación no conxunto do edificio, facendo arreglos e eliminando as grietas que xa asomaban por numerosos puntos.

O pavillón municipal son as únicas instalacións públicas deste tipo que hai na vila e é moi usado, segundo sinala Ruben Quintas, non sólo polos rapaces, senón tamén por moitas persoas maiores. De tódolos xeitos, o Concello conseguiu que se abriran para a práctica deportiva dos rapaces as instalacións deportivas do colexio Virxe Milagrosa, que se atopaban pechadas.

"Deste xeito conseguimos que a xuventude estea entretida, que é algo moi importante", sinala o alcalde, quen resalta que se acaba de poñer en marcha unha nova escola de boxeo que está a ter moitos alumnos.

Te puede interesar