Maceda habilita axudas para mercar material escolar este curso

Entre os requisitos máis importantes a cumprir, atópase que os membros da unidade familiar non poderán superar os 8.500 euros de renda per cápita e os nenos e nenas terán que estar matriculados no CEIP de Maceda

O Concello de Maceda habilitará este curso unha partida económica para axudar ás familias máis vulnerables á hora de mercar material escolar. Destinarase, concretamente, aos cativos de 3, 4 e 5 anos, pois tal e como puntualizaron dende o departamento de Servizos Sociais, non hai axudas económicas para esta etapa educativa, polo que se trata dunha medida compensatoria. 

Entre os requisitos máis importantes a cumprir, atópase que os membros da unidade familiar non poderán superar os 8.500 euros de renda per cápita e os nenos e nenas terán que estar matriculados no CEIP de Maceda para este curso académico. Do mesmo xeito, será necesario xustificar o gasto en material -fichas, folios, mandilóns ou prendas deportivas- cos pertinentes comprobantes. 

Nos vindeiros días darase a coñecer o resto da documentación requerida.n

Te puede interesar