Doce efectivos integrarán o recén creado GES de Maceda
É un dos seis novos Grupos de Emerxencias Supramunicipais postos en marcha este ano en Galicia
Os doce integrantes do novo Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Maceda xa remataron a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública, polo que o operativo xa está en disposición de atender as incidencias que acontezan en Maceda, Xunqueira de Espadanedo, Baños de Molgas, Esgos, Paderne de Allariz, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambía.
O GES de Maceda, que terá a súa sede na mesma localidade, completou o procedemento despois de adherirse ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e as deputacións provinciais e de levar a cabo a selección dos axentes, que permitirán mellorar os tempos de resposta aos incidentes que acontezan nos mencionados municipios. O de Maceda é un dos seis GES aprobados neste 2021 en Galicia, onde existen 29 en total. Neste senso, a provincia ourensá contará con outro novo GES con sede en A Veiga, que inclurá tamén aos municipios de O Bolo, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.
Por último, a Xunta colaborou co Concello, por medio dunha axuda de 32.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental, para mellorar a eficiencia enerxética nas instalacións do grupo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la Navidad ya llegó a Allariz?
SAN VITORIO DA MEZQUITA
Alertan de un fuego intenso en una casa de Celeiros, Allariz
FLUIDEZ DO TRÁFICO
Allariz delega na Garda Civil de Tráfico dende esta semana
Lo último
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIOS
Días de reflexión
EXPOSICIÓN INTERNACIONAL
Más de 34.000 personas visitaron “Wonderland” de Annie Leibovitz
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Ahora toca formar gobierno