Mostra pictórica de 'Cherre' na Illa de Pedra de Casnadagaia

A casa-museo A Illa de Pedra, no pobo alaricano de Casnadagaia, acolle estes días a exposición do artista Gerardo Rodríguez, coñecido popularmente como 'Cherre'.
A colección pictórica de temática erótica leva por título 'Viciosillas' e recolle una selección de traballos do pintor vigués que poderase visitar nas instalacions de Casnadagaia ata o 30 de xullo. A mostra complétase cunha escolla de pezas escultóricas feitas polo artista alaricano Emilio García-Valenciano. A Illa de Pedra é un espazo cheo de vida e natureza froito do traballo do autor alaricano , que transformou a vivenda familiar nunha casa-taller na que se pode ver gran parte da sua obra.

Asemade, as instalacions museísticas alaricanas acolleron durante o pasado fin de semana a un obradoiro de arte e natureza dirixido polos artistas Antón Sobral e Carmen Hermo. Alumnos e artistas compartiron ao longo de dous intensos días de traballo, diferentes conferencias e sesións fotográficas nas beiras do Arnoia ó seu paso pola villa de Allariz.

Te puede interesar