Os museos alaricanos regresan ao horario de outono

Estarán abertos todos os sábados, domingos e festivos, en horario de 11,00 horas a 14,00 horas, pola mañá; e de 17,00 horas a 19,00 horas, pola tarde.

Logo de varios cambios por mor do periodo estival ou da ponte do Pilar, o Museo Galego do Xoguete, o Museo da Moda e o Museo do Coiro recuperan o seu horario propio da época de outono e inverno, tal e como informaron os seus xestores. 

Neste senso, as mostras alaricanas poderán visitarse, a partir de agora, todos os sábados, domingos e festivos, en horario de 11,00 horas a 14,00 horas, pola mañá; e de 17,00 horas a 19,00 horas, pola tarde.

Te puede interesar