Os museos da Idade Media e da Moda, en compás de espera

O festival alaricano, ubicado nas beiras do Arnoia. (Foto: LR)
Doce parcelas nas beiras do río Arnoia representan a cara e a cruz do primeiro ano do mandato nacionalista. O proxecto de ampliación do Festival Internacional de Xardíns de Allariz e creación dun gran parque no Ferradal, que contou cunha inversión de un millón de euros sufragado entre o Concello e o Ministerio de Medio Ambiente, e un dos estandartes do rexidor, Francisco García. Pero tamén é o proxecto máis recurrente nos debates plenarios, porque en plena crise económica os populares poñen en dúbida dita inversión cando eses cartos se poderían utilizar noutras actuacións de mellora da calidade de vida no rural.
A crise, obligou un ano máis, a reducir a partida de investimentos, que pasou dos máis de catro millóns do 2010 aos preto de un do 2012. Aínda que iso non foi impedimento para que o grupo de goberno ampliara a zona deportiva do Seixo (dentro do Corredor do Arnoia), puxera en marcha un atractivo mercado da Reserva da Biosfera que permite aos agricultores da bisbarra ter un espazo de contacto directo cos seus clientes; así como implicar a varios gandeiros na cría de bois e tamén chegar a acordos puntuais cos establecementos locais para mellorar a economía e calidade de vida a través das xornadas gastronómicas e culturais.

No camiño quedouse unha nova ampliación de Chorente e dous dos proxectos nacionalistas do mandato anterior: o Centro de Interpretación da Idade Media, onde xa se invertiu un millón de euros na limpieza e acondicionamiento da súa estructura; así como o Museo da Moda, que permanece pechado dende o 2010 no seu emplazamento no antigo pazo dos Castro-Oxea.

Te puede interesar