Novas doazóns para o Museo do Xoguete alaricano

Dende hoxe mércores, día 18 de agosto, e durante a vindeira quincena, aínda se poderá disfrutar do horario de verán

Neste mes de agosto, o Museo Galego do Xoguete de Allariz recibiu novas e interesantes doazóns para a súa mostra que permitiron incrementar o seu atractivo para os centos de visitantes que se están achegando a ela. Precisamente, unha das últimas pezas adquiridas para a colección foi un “Finger Football”. Trátase dun xoguete dos anos 30 do século pasado e de orixe inglés, que goza de moi boa conservación. 

Por outra banda e na liña de xogos deportivos e populares, este espazo -que recentemente colaborou co Museo da Moda nunha mostra de bonecas que tamén se pode visitar nese espazo- conta tamén con xoguetes tradicionais. 

Dende hoxe mércores, día 18 de agosto, e durante a vindeira quincena, aínda se poderá disfrutar do horario de verán -de mañá, entre as 11,00 horas e as 14,00 horas, e de tarde, entre as 18,00 e as 20,00 horas-.

Te puede interesar