Obradoiro municipal de autoestima e sexualidade

A área de Benestar Social, en colaboración coa Casa da Mocidade, organiza un obradoiro saudable en verán. 'Xa sabemos que sabes... atrévete a máis!' é o título do proxecto de desenvolvemento saudable que, este verán, organizan conxuntamente as áreas de Benestar social e Mocidade do Concello de Allariz.
A iniciativa desenvólvese a través de dous obradoiros, repartidos entre os meses de xullo e agosto, que pretenden, a través da educadora familiar e a técnica de igualdade, 'afondar en aspectos relacionados coa comunicación e a resolución pacífica de conflitos, autoestima e sexualidades.'

Para participar é preciso inscribirse na Casa da Mocidade, teléfono 988 680 434 ou [email protected].

Te puede interesar