Opcións “para todos” na Primavera da Mocidade alaricana

undefined
photo_camera Presentación do cartel de actividades da Primavera da Mocidade.
Celebraranse saídas a natureza, obradoiros de billar e campionatos de xogos de mesa

A Concellería de Mocidade de Allariz presentou oficialmente o cartel de eventos dentro de Primavera na Mocidade, un plan dirixido, principalmente, a xóvenes de entre 13 e 33 anos de idade -as actividades están abertas a todos os públicos, tendo preferencia a mencionada franxa de idade-. 

A programación iniciouse a pasada semana e concluirá o vindeiro 24 de xuño. Ata ese momento celebraranse saídas a natureza, obradoiros de billar e campionatos de xogos de mesa, entre outros. Do mesmo xeito, co gallo do Día das Letras Galegas e durante o mes de maio, haberá diferentes propostas como cinema e música.

O concelleiro de Mocidade, Iago Santás, manifestou a súa esperanza de que as actividades “sexan do interese dos mozos e mozas, e que este ano se animen a participar na programación de primavera, que procura abarcar opcións para todos os gustos”. 

Para obter máis información sobre as actividades, as persoas interesadas poden contactar en [email protected] e tamén na mesma Casa da Mocidade.

Te puede interesar