A organización do 'boi' destaca a ausencia de incidentes

A asociación cultural Xan de Arzúa expresou onte a súa satisfacción polo desenvolvemento da última edición da Festa do Boi, tanto pola numerosa e activa implicación veciñal, como polo revulsivo económico que supuxo para os negocios, nomeadamente a hostalería, e polo desenvolvemento sen incidentes das carreiras do boi. 'Consideramos pasos importantes a expansión de eventos que constitúen a propia esencia da festa, como a procesión medieval de Xan de Arzúa; a consolidación de outros coma o MusicBoi e a incorporación de proxectos novos, coma o espectáculo de monicreques, que utilizan a propia festa como elemento didáctico con
'Consideramos pasos importantes a expansión de eventos que constitúen a propia esencia da festa, como a procesión medieval de Xan de Arzúa; a consolidación de outros coma o MusicBoi e a incorporación de proxectos novos, coma o espectáculo de monicreques, que utilizan a propia festa como elemento didáctico con protagonismo dos nenos dos centros de ensino e o Pista Boi', enumeran dende a asociación.

A activa participación veciñal nos gremios, nos concursos medievais e, en xeral, en todalas actividades programadas, confirman a 'boa saúde' dunha celebración que arranca do 1317 e que segue moi viva no espírito e na acción do pobo de Allariz. No ámbito das carreiras, a asociación amósase especialmente satisfeita polo seu desenvolvemento, sen incidencias nin daños reseñables, nin para os corredores nin para os animais.

Da afluencia de visitantes dá conta o volume de vendas. Camisetas oficiais, chaveiros, pins ou imáns vendéronse na súa totalidade, igual que os 7.500 panos vermellos.

Te puede interesar