Concello e público inauguraron a cuarta edición do certame paisaxístico con 12 parcelas efímeras

A orixinalidade das propostas destaca no festival de xardíns

Numerosos veciños acudieron ó acto inaugural e percorreron o itinerario dos 12 xardíns. (Foto: X.F.)
A variedade e calidade das propostas presentadas e a capacidade para sorprender aos visitantes na súa cuarta edición, foron dous dos comentarios que máis se destacaron onte na inauguración do Festival Internacional de Xardíns de Allariz.
A chuvia respetou o acto programado pola organización e, a partires das 19,45 horas, abríronse as portas do recinto para permitir a veciños e foráneos un paseo gratuito polas instalacións, onde xa descansan os 12 xardíns efímeros desta edición. 'Teñen sentido na medida que os visitantes fan uso e disfrute deles', enfatizou, orgulloso, o rexidor alaricano, Francisco García Suárez, con motivo da inauguración. Foi un sencillo acto onde se quixo homenaxear ao presidente, Francisco Caldeira Cabral, que 'dunha forma altruista ten colaborado con nós no desenvolvemento deste festival'.

Pensasoños xigantes, casas tomadas pola natureza, bosques de ferro e madeira ou xardíns laberínticos ou de inspiracións abastractas compoñen 11 das parcelas que, baixo o lema 'Allariz, beleza que inspira', se poderán visitar ata o mes de outubro nas marxes do río Arnoia. A número 12, cunha colorida paisaxe marina, obra do brasileiro Raul Diniz, é o xardín que resultou gañador nas votacións do público na edición de 2012.

Na xornada de portas abertas estiveron presentes os artistas e creadores dos 12 xardíns efímeros, entre eles un que promove La Región, que fixeron de anfitrións para compañeiros, profesionais de medios especializados e público e xeral na visita a suas respectivas parcelas. O festival, cun prezo de dous euros por persoa, poderase visitar de luns a venres de 17,00 a 21,30 horas, e sábados e domingos de 11,00 a 14,00 e de 17,00 a 22,00 horas.

Te puede interesar