Paderne de Allariz ultima a entrada en funcionamento da Escola Infantil

210607 pte_paderneallariz 02av
photo_camera José Manuel Fernández e Alberto Núñez Feijóo.
Outro dos temas que se abordaron na reunión foi a evolución do Proxecto sectorial do parque empresarial de Paderne de Allariz

A nova Escola Infantil de Paderne de Allariz entrará en funcionamento no vindeiro curso escolar 2021 / 2022, así o detallaron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e o alcalde de Paderne, José Manuel Fernández Gómez nun encontro celebrado este luns. Sobre a mesa tamén estiveron as primeiras semanas de funcionamento do novo centro de saúde, que entrou en servizo a mediados de abril e que o titular do Goberno galego visitou días antes da inauguración.

Outro dos temas que se abordaron na reunión foi a evolución do Proxecto sectorial do parque empresarial de Paderne de Allariz, o inicio dos traballos de posta en marcha dun polígono agrario neste concello coa finalidade de destinalo á produción gandeira en extensivo ou o plan de mellora das telecomunicacións, que pasa por aumentar a cobertura móbil en núcleos como o de San Cristovo, incluído na convocatoria de axudas.

Te puede interesar