Porco celta e empanada de polo de curral na festa popular de Paderne de Allariz

Primeira Festa Popular do porco celta e o polo de corral en Paderne de Allariz, no ano 2018.
photo_camera Primeira Festa Popular do porco celta e o polo de corral en Paderne de Allariz, no ano 2018.
A III Festa Popular do Concello terá lugar no Pavillón Municipal o 9 de xullo ás 14,00 horas cun menú de 15 euros

Paderne de Allariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz-Maceda. Emprázase no reborde oriental da depresión de Ourense. Xeograficamente, destacamos a cadea montañosa que percorre o municipio en dirección Norte-Sur, con cimas que superan os 700 metros de altitude. Son dous os ríos que atravesan estas terras: o Gaiola e o Barbaña. 

Paderne prepárase para vivir a festa gastronómica dedicada ao porco celta e a empanada elaborada con polo de curral que terá lugar o domingo día 9 de xullo no concello de Paderne de Allariz. Será a III Festa Popular que se celebre en Paderne de Allariz, as dúas últimas foron antes da pandemia e houbo unha gran xuntanza entre os veciños da vila.

III Festa popular

Os asistentes a esta xornada culinaria poderán degustar dende ás 14,00 horas no Pavillón Municipal unha deliciosa comida onde non faltarán os produtos estrela da festa; o porco celta e a empanada do polo de curral.

Ao termo da festa haberá actividades lúdico-deportivas para nenos e nenas con monitores. A continuación, ás 19,00 horas dará inicio a actuación da orquestra Galilea. Durante a actuación musical sortearanse varios agasallos cos tickets da comida.

O prezo da comida é de 15 euros por persoa (os nenos e nenas ata os 12 anos gratis).

O alcalde de Paderne, Manuel Pérez Nóvoa, fixo unha valoración da comida popular: “Antes da pandemia fixemos dúas festas, agora dende que veu deixámola de facer. Queremos recuperala. A festa consiste en que os criadores de porcos celtas danos dous porcos e despois unha empresa prepara o asado. Temos preparado uns entretementos para os nenos e nenas do Concello. No Pavillón Municipal celébrase, esparamos e queremos que dure moito. 300 persoas prevense que asistan o evento. Sortease en primer lugar unha estancia nun balneario e sorteanse uns xamóns. Están doando os agasallos empresas da zona e danse co ticket das entradas”, relata Manuel Pérez Nóvoa, alcalde de Paderne de Allariz.

Te puede interesar