O festival de curtas de Allariz, o RiR, homenaxeará a Xosé Touriñán neste 2021

2017102709184369848
photo_camera O actor e humorista galego, Xosé Antonio Touriñán.
O festival de curtas de Allariz contará cun xurado de excepción na súa nova entrega que estará integrado pola actriz Sheyla Fariña, coñecida polos seus papeis en Matalobos ou Acacias 38; o actor Guillermo Carbajo, que participou en series como Pratos Combinados ou El internado e a intérprete madrileña Norma Ruíz, de Yo soy Bea y El pueblo. 

A organización do festival de curtametraxes de humor alaricano, o RiR, desvelou esta semana os nomes dos integrantes do xurado do certame deste ano e tamén o premio RiR contigo que, en cada edición, homenaxea a humoristas da terra. Na número catro, este galardón irá a parar ás mans do recoñecido actor e cómico Xosé Antonio Touriñán que o recollerá na gala de entrega de premios que se celebrará o vindeiro día 11 de setembro. “Trátase dunha figura referente do humor en Galicia e este ano e, tendo en conta todos os traballos que está realizando en cine e televisión, pensamos que é o mellor momento para outorgarlle este recoñecemento. É xa un profesional consolidado”, explica Óscar Doviso, director do festival. 

Por outra banda, o festival de curtas de Allariz contará cun xurado de excepción na súa nova entrega que estará integrado pola actriz Sheyla Fariña, coñecida polos seus papeis en Matalobos ou Acacias 38; o actor Guillermo Carbajo, que participou en series como Pratos Combinados ou El internado e a intérprete madrileña Norma Ruíz, de Yo soy Bea y El pueblo. 

A organización do RiR recibiu para a súa cuarta entrega 296 propostas de pezas audiovisuais de comedia. A selección oficial, que se fará pública o 12 de agosto, rondará as 40 obras.

O RiR celebrarase entre o 8 e o 11 de setembro.

Te puede interesar