Procesión, concertos e fogos artificiais por San Benito en Allariz

A localidade de Albarellos acolleu o proxecto Cinema Circulante 2023

Os actos, organizados dende a área de cultura do Concello de Allariz, comezaron onte, xoves 6 de xullo, e prolongaranse ata o domingo 9 de xullo. Máis de 15 actividades conforman a programación de festexos na honra de san Bieito, patrón de Allariz neste 2023.

Actividades como música de rúa, orquestras, desfile de xigantes e cabezudos, agrupacións de música tradicional e baile e concertos da Agrupación Musical La Nova de Banyeres de Mariola e a Banda Unión Musical de Allariz, centrarán parte dos actos programados para esta edición. Hoxe, venres 7 de xullo, haberá actividades para a cativada, ademais dos actos relixiosos na honra de san Bieito. Unha programación para todos os públicos que encherá un ano máis as rúas de Allariz.

A festa de san Bieito rematará, como é tradición, co espectáculo de pirotecnia (a cargo de Josman), ás 00,00 horas dende o Campo de Vilanova.

Programación

  • Xoves 6, ás 20,00 horas. Concerto de Agrupación Coral Arnoia, na Igrexa de san Bieito.
     
  • Venres 7, ás 17,00 horas, inchables acuáticos e festa da escuma, no campo de Vilanova. Ás 23,00 horas, Disco móvil show + DJ Pablo Beat, na Barreira.
     
  • Sábado 8, ás 11,30 horas, desfile de Xigantes e Cabezudos acompañados da agrupación De Pé Feito, dende a Casa da Cultura. Ás 12,30 horas, actuación do coro Cantigas e Agarimos, na Praza do Matadoiro. Ás 13,15 horas, pasarrúas co grupo instrumental de Cantigas e Agarimos, dende a Praza do Matadoiro. Ás 20,00 horas, pasarrúas de moros e cristiáns coa Agrupación Musical La Nova de Bayenres de Mariola e Banda Unión Musical de Allariz, dende A Barreira. Ás 20,30 horas, concerto da Banda Unión Musical de Allariz e Agrupación Musical La Nova de Banyeres de Mariola, na Alameda. Ás 21,30 horas, baile coa orquestra Triunfo, na Barreira. Ás 00,00 horas, verbena coa orquestra Triunfo, na Barreira.
     
  • Domingo 9, ás 10,00 horas, pasarrúas coa Agrupación Musical La Nova de Banyeres de Mariola, dende A Barreira. Ás 11,00 horas, procesión do Patrón da Vila, acompañada dos Xigantes e Cabezudos, Agrupación de Pé Feito, Agrupación Musical La Nova de Bayenres de Mariola e Grupo Etnográfico a Buxaina. Ao remate terá a Misa solemne. Ás 12,30 horas, actuación do Grupo Etnográfico A Buxaina, na Praza do Mataoiro. Ás 13,30 horas, actuación da Agrupación Musical La Nova de Banyeres de Mariola, na Barreira. Ás 20,00 horas, concerto da Big Band de Redondela, na Alameda. Ás 21,00 horas, baile amenizada pola orquestra Los Player´s, na Barreira. Ás 00,00 horas, espectáculo de pirotecnia, a cargo de Josman, no Campo de Vilanova.

Actos relixiosos

  • Do 2 ao 10: Novena de san Bieito ás 08,30 horas  e 19,30 horas.
     
  • Domingo 9: misas ás 09,00 horas, 10,00 horas, ás 11,00 horas. Procesión e ás 12,30 horas Misa solemne.
     
  • Martes 11: misas ás 08,30 horas, 10,00 horas, ás 11,00 horas e ás 19,30 horas. Ás 12,00 horas misa solemne.

Con estos actos rematará a festa de san Bieito, e haberá que esperar un ano máis para honrar ao patrón da vila alaricana.

Te puede interesar