PARTIDO POPULAR

Rubén Quintas foi elexido presidente do PP de Maceda

PP Maceda_result
photo_camera Manuel Baltar e Rubén Quintas, no centro en primeira fila, cos asistentes ao congreso local do PP de Maceda.

O congreso local celebrouse no edificio multiusos e foi clausurado polo presidente provincial, Manuel Baltar

Rubén Quintas, actual alcalde de Maceda, foi elexido onte pola tarde presidente da agrupación local do Partido Popular. O congreso local celebrouse no edificio multiusos e foi clausurado polo presidente provincial, Manuel Baltar.

Na súa intervención, Manuel Baltar destacou "o pulo que ten experimentado a vila macedá da mán de Rubén Quintas", sinalando que o partido en Maceda "está e nótase", resaltando o labor que se está a facer para impulsar proxectos dinamizadores para aquela contorna, "onde o que importan son as persoas por riba de calquer outra estatística, e todas merecen os mellores servizos posibles e as mellores oportunidades". 

Baltar, que onte cumplía cinco anos como presidente da Deputación e hai pouco cumplíu sete anos  á fronte do PP ourensán, afirmou que "a saúde do PP na nosa provincia e excelente", para  engadir que "somos a organización política máis dinámica de toda España".

Pola súa banda, Rubén Quintas agradeceu a confianza dos militantes e destacou a importancia "de seguir convertendo esta ilusión en iniciativas para os veciños de Maceda". Quintas amosou o seu desexo de incorporar a máis xente ao partido, comezando por un equipo que estará integrado por vinte persoas. 

Te puede interesar