A ruta currosiana de Celanova estrena itinerario cunha andaina

A Mancomunidade de Municipios Terra de Celanova organizará mañá domingo un roteiro saudable no marco do circuito de andainas promovido polo Plan Galicia Saudable e patrocinado por Vegalsa-Eroski. O circuito partirá as dez da mañá da Praza Maior da vila de San Rosendo e percorrerá os dez kilómetros cunha dificultade media que compoñen o novo itinerario da Ruta Currosiana.
O camiño promovido pola Fundación Curros Enríquez foi suspendido con motivo das obras da autovía e, unha vez habilitados os novos pasos elevados sobre o eixo de comunicacións, ponse en marcha cun lixeiro cambio na súa traxectoria. Os participantes da Andaina Saudable da Mancomunidade Terra de Celanova partirán da Praza Maior en dirección ao Auditorio Ilduara, e seguirán ata O Val, Penalta, Einibó, A Carballeira, A Coutada, O Cristal, Vilanova dos Infantes y A Obra para regresar ata a céntrica plaza celanovesa.

O circuito de Andainas Saudables, lembran dende a Mancomunidade, está orientado a iniciar ós veciños na actividade de camiñar para mellorar a saúde a través da actividade física.

As inscripcións gratuitas poderanse realizar o mesmo día no stand que estará situado na praza ás 9,30 horas e hoxe no supermercado Eroski, situado na calle Emilia Pardo Bazán, deixando nome, apelidos e data de nacemento.

O día da andaina entregarase unha mochila co avituallamento.

Te puede interesar