'traballaremos na recuperación do rural para frear o abandono'

Francisco García seguirá catro anos máis ao frente do Concello de Allariz (Foto: Xesús Fariñas)
Os veciños de Allariz ratificaron, o pasado 22 de maio, os 22 anos de goberno nacionalista cunha holgada maioría ao BNG. As urnas arrebataron ao PSdeG-PSOE o seu único edil, en favor do Partido Popular que subiu ata os catro concelleiros.
Como valora os resultados?
Creo que foi unha xornada moi positiva, tanto polo índice de participación como no respaldo ao proxecto municipal. Nese sentido, gañar en tódalas mesas cunhas porcentaxes do 61% despois de 22 anos de goberno e cun Allariz en crecemento é un motivo de satisfacción, un estimulo e un reto.

Esperaba un respaldo tan favorable?
Nós comenzamos a campaña electoral ao día seguinte da toma de posesión e, polo tanto, durante catro anos intentamos facer un traballo continuado, moi en contacto cos veciños e cas súas inquedanzas. Pero, nun contexto de crise económica e descrédito da política, para nós é todo un estímulo ser capaces de manter uns niveis de apoio tan importantes. Porcentaxes que o PP non é capaz de conseguir en concellos de idénticas características.

Esperábase os cambios na oposición?
A caída do PSdeG-PSOE, que non chegou ao 5%, e a lixeira subida do PP, que volve a situarse no 30%, ao nivel que fai catro anos, entraban dentro do previsible tendo en conta a situación socioeconómica.
Como se perfila a relación ca oposición?
En política, máis alá dos lexítimos intereses partidistas, é importante manter unha perspectiva máis ampla de defensa dos intereses estratéxicos e de futuro para os veciños Allariz. Neste senso, respetaremos o papel da oposición e estaremos atentos a incorporar aquelas propostas que se podan trasladar con ese ánimo, ao igual que facemos cos veciños e cas asociacións.

Cales serán os retos para os vindeiros catro anos?
Vai a ser unha labor de continuación en todos aqueles proxectos estratéxicos que viñamos traballando e, básicamente, centrados na dinamización económica e na mellora do benestar social. Deste xeito, insistiremos na potenciación do medio rural, no que queremos seguir incidindo porque consideramos básico frear o envellecemento e o abandono das parroquias.

Haberá unha restruturación do grupo de goberno?
Tendo en conta novos retos, faremos unha distribución de responsabilidades incidindo en áreas como a mocidade e a promoción económica. Mantense a maioría femenina, nunha aposta por políticas de igualdade e en resposta a importancia da xestión que fan as compañeiras.

Ata onde chegan as súas aspiracións políticas?
Máis alá do compromiso que teño co BNG -no consello nacional e na comisión executiva- o meu ámbito e perspectiva está en Allariz e en mellorar as condicións de vida dos seus veciños.n

Te puede interesar