A vila celebra un mercado de pezas e produtos e hoxe terá lugar un obradoiro participativo para nenos
Os oficios do coiro, unha tradición que marcou o pasado económico da vila, están a ser os protagonistas da fin de semana en Allariz. Sábado e domingo acollen o remate das Xornadas dos Oficios do Coiro que se están a desenvolver desde o pasado mércores.
Numerosas persoas, veciños e sobre todo visitantes, pasaron ao longo da xornada de onte polo Museo do Coiro, cuxo entorno está a acoller un mercado de pezas, ferramentas e produtos elaborados con coiro, ao tempo que se desenvolve unha mesa sobre intercambios de técnicas e coñecementos sobre este oficio.
O mercado continuará aberto ao longo da xornada de hoxe, domingo, e a maiores, a organización ten prevista a celebración dun obradoiro participativo para nenos, que se desenvolverá entre as 12,00 e as 14,00 horas, e que se suma aos obradoiros para artesáns profesionais que se impartiron na Sala A Fábrica desde o pasado mércores, 3 de maio.
De xeito paralelo, o Museo do Coiro acollerá, ata o vindeiro día 11 de xuño, a exposición-concurso "700 anos da Festa do Boi", coa que se rende homenaxe á gran festa de vila que cumple 700 anos. Así mesmo, a sala de exposicións A Paneira presenta, ata o próximo día 28 de maio, a exposición do artesán pontevedrés Nelson Gómez Callejas titulara "Guadamecileando Boi".