Unha visita mostrará os avances en Armea

A Cibdá galaico-romana de Armea.
photo_camera A Cibdá galaico-romana de Armea.

O equipo de Xeitura Patrimonio S. Coop. Gal organiza este domingo unha visita á Cibdá de Armea para coñecer o estado actual no que se atopa esta escavación.

As persoas amantes da historia e do patrimonio que están interesadas en coñecer os novos avances que realizou o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo durante este ano na construción románica poderán coñecelos da man de Xeitura mañá. Tamén dende o mesmo Concello de Allariz animan a visitar o lugar: “Xeitura ten aberto grupo para coñecer todos os avances, é unha boa oportunidade”, anotan.

Para coñecer o que agocha esta fortificación é preciso inscribirse a través do correo electrónico [email protected] ou chamando ao teléfono móbil 609 47 49 76.

Te puede interesar