As visitas guiadas volven a Allariz a partir do día 17 de xullo

PresentaciónVisitasGuiadas(Representante de Xeitura e María López)
photo_camera Manuel Gallego, de Xeitura, y María López, edil en Allariz.
A actividade desenvolverase todos os sábados do periodo estival e se centrará no entorno do casco histórico

Allariz dará un paso máis na súa promoción turística este verán coa recuperación, logo da gran acollida do ano pasado, das visitas guiadas. Trátase dunha iniciativa que, dende o vindeiro 17 de xullo, o Concello desenvolverá da man de Xeitura na liña de dar a coñecer aos participantes todo tipo de elementos culturais, monumentais, paisaxísticos e patrimoniais vencellados á historia alaricana, prestando especial atención ás súas prazas, igrexas, recursos turísticos, lendas e anécdotas.

A actividade, que se desenvolverá todos os sábados do periodo estival e se centrará no entorno do casco histórico, foi presentada pola edil de Promoción Económica do Concello de Allariz, María López, e por Manuel Gallego, traballador de Xeitura. 

Segundo explicaron na presentación, a visita partirá da oficina de turismo de Allariz ás 12,00 horas e terá una duración aproximada de unha hora e media, tempo no que se percorrerá a beira do río Arnoia e o casco histórico de Allariz. Entre outros puntos a descubrir, o Arnado, a Praza Maior, a Paneira, a Igrexa de Santiago, a rúa da Cruz e o Edificio do antigo Xulgado serán paradas inescusables nestes itinerarios. 

As visitas desenvolveranse seguindo todas as normativas vixentes do momento contra a covid-19. Entre as medidas coas que se retomará a actividade neste 2021, incluirase a formación de grupos reducidos -de un máximo 20 persoas- con toma de temperatura e uso da máscara. Dado que haberá límite de aforo, deberá reservarse praza previamente na Oficina de Información de xeito presencial, por teléfono chamando ao 988 442 008 ou no correo [email protected]. A tarifa xeral será de seis euros e reducida de tres euros para parados, estudantes e xubilados; sendo de balde ata os 10 anos inclusive.

Te puede interesar