As Xornadas de Carne de Boi reactivan o outono en Allariz

Nachoboi, tapa do Fío de Liño.
photo_camera Nachoboi, tapa do Fío de Liño.
Vinte establecementos ofrecen un abano de propostas culinarias ata o vindeiro 12 de outubro nas Xornadas de Carne de Boi de Allariz

As Xornadas de Carne de Boi comezaron onte en Allariz e durarán ata o 12 de outubro. Iste ano cumprirase a doceava edición, na que participan 20 establecementos locais.

Dezasete tapas competirán por ser a elixida entre os comensais como a “Mellor Tapa” deste ano, que sairá da votación popular das persoas que as consuman. 

Atoparemos tanto tapas xa tan tradicionais como os callos de boi ou albóndegas, como tapas novas que a ben seguro farán as delicias das persoas que se acheguen durante estas dúas semanas que ten de duración o evento. O prezo da tapa é de 3 euros e na modalidade de menús, hai para todos os petos.

Festa da Carne do Boi
Festa da Carne do Boi

Nun dos establecementos participantes nesta edición das xornadas, o Boigorri, elaboran o Bioboi, unha tapa que leva “costela de boi asada ao forno a baixa temperatura afumada estilo yankee”, cónta Alberto Fernández, cociñeiro do local.

No Fío de Liño, ten o Nachoboi: “Nachos cun viso do boi e queixo de O Rexo”, explíca Olga Ferreiro, xerente do restaurante.

Na Micalla, a tapa chámase volcán de carne de boi, “é unha base de hoxaldre chea de crema de pataca e queixo e carne de boi. A carne de boi leva un pouco de salsa de allo negro e unha salsa de barbacoa afumada”, cónta María Losada, xerente de A Micalla.

Na Casa Pepiña fixeron unha “lasaña de carne boi picada, leva pemento verde, cebola, vino tinto e bechamel de boletos e por riba queixo de O Rexo”, explica Mercedes Rodríguez, cociñeira.

Valoración

Julio Rodríguez, un cliente que está consumindo a tapa Bioboi, do Boigorri. “Está moi rico e estas Xornadas de Carne de Boi fan que se fomente o consumo no comercio local”, explica este informático que vive en Allariz.

Unhas xornadas nas que se espera moita participación e axudarán ó comercio local alaricano.

Un cliente consume a tapa do Boigorri, o Bioboi.
Un cliente consume a tapa do Boigorri, o Bioboi.

Te puede interesar