Xunqueira de Espadanedo inicia as obras na ponte da OU-536

Foto 1
photo_camera Os técnicos da empresa iniciando os traballos. (Cedida).
Estarán listas no prazo dun mes e teñen un orzamento de 42.000 euros

A empresa Hermanos Caride Fernández Trabajos Verticales vén de iniciar as obras de limpeza e conservación na ponte da estrada autonómica OU-536 ao seu paso polo concello de Xunqueira de Espadanedo

A intervención, que ten un custe de 42.000 euros, estará completada no prazo dun mes e consistirá na retirada manual de vexetación dos parámentos de cantería, a limpeza de xuntas e a reposición de pezas danadas ou desaparecidas do paramento, mediante sillería nova. Do mesmo xeito e tal e como explicaron dende a Consellería de Infraestruturas, realizarase un recheo profundo, onde sexa necesario, de xuntas horizontais e verticais dos paramentos de sillería.

Aproveitando esta actuación, os técnicos repararán as beirarrúas deterioradas e realizaranse as tarefas de roza e limpeza do dominio público da estrada nas marxes próximas á ponte.

Te puede interesar