Alumnos do Instituto de Bande recuperan os xogos tradicionais

Alumnos e maiores durante a xornada de xogos no instituto.
Os alumnos de último curso do Instituto Aquae Querquennae de Bande foron galardoados co primeiro premio, na categoría de bacharelato, do séptimo certame de recollida da tradición oral galego-portuguesa 'Ponte a Brincar!' convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas! para descubrir as novas xeracións a existencia dun rico e variado patrimonio cultural común.
Paula e Jenifer González, María José Baños, Eva Fernwández, Natalia Jiménez e José Ángel Fernández foron algúns dos alumnos que traballaron na recuperación dos antigos xogos tradicionais da comarca da Baixa Limia. Coordinados polo profesor Xoán Carlos Domínguez Alberte, os xóvenes preguntaron aos seus maiores (veciños, avós, amigos) sobre os vellos xogos tradicionais como o truco, a comba, a billarda ou o posar. Con todos eles, ademais de disfrutar dunha xornada de xogos interxeracional, montaron un audiovisual que despois do Nadal poderase ver no blogue http://normalizacionlinguisticaiesbande.blogspot.com.es.

Te puede interesar