Arte, saídas e obradoiros rematan o ano en Bande

Adolfo Dafonte, Toño Monteiro e David Pérez na inauguración da mostra.
photo_camera Adolfo Dafonte, Toño Monteiro e David Pérez na inauguración da mostra.

“A matanza do porco” de Adolfo Dafonte e “A Curuxa” de Toño Monteiro inauguraban este fin de semana as actividades culturais do outono na Benita de Bande. O establecemento, que este ano conmemora o seu 50 aniversario, preparou un intenso programa cultural para despedir o ano en Bande.

A presentación da exposición artística rotativa de Dafonte e Monteiro abriu o pasado venres a programación que, o sábado 2 de decembro, proseguirá coa actuación das pandereteiras de Lobios e Grou e, ás 18,00 horas, obradoiro de cestería para os nenos da man de Chus Labrador.

O domingo 17 de decembro está prevista unha visita guiada á estación de arte rupestre do Monte Grande para ver os petróglifos do Arieiro. O sábado, 29 de decembro, haberá degustación de chourizos caseiros e monólogo a cargo de Juantxonito de Pazo. E, para despedir o ano, o día 31, ás 16,00 horas, está prevista unha expedición á fervenza da Videira (Alto Cadós) e visita ao bosque encantado de Agordoso ou Rego de Pereira. 

Te puede interesar