Os banduenses melloran os accesos a internet

Rogelio Martinez, José Antonio Armada e Ana Belén Vázquez no transcurso da inauguración. (Foto: LR)
A apertura da nova aula Cemit do Concello de Bande, con 12 ordenadores con acceso a internet, mellorará os accesos dos veciños ás novas tecnoloxías. As instalacións, acondicionadas na primera planta do consistorio, son as segundas destas características que o Concello puso en marcha tralas obras na biblioteca municipal.
Unha videoconferencia simultánea entre o conselleiro de Presidencia Alfonso Rueda dende Santiago, o alcalde de Bande José Antonio Armada e o seu homólogo do concello lucense de Barreiros, Xerardo Conde, permitiu esta semana inaugurar a nova aula multimedia incluida na rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (Cemit).

Durante o acto, Rueda manifestou que debido á dispersión poboacional e aos problemas de comunicación que ten a comunidade galega, 'é de vital a importancia a posta en marcha destas aulas, nas que os galegos poden ter acceso gratuíto á formación no ámbito das novas tecnoloxías'.

Te puede interesar